16 Dec
16Dec

O QUE FACEMOS NO ASEO

Seguimos reforzando os hábitos saudables traballados nas tres primeiras unidades de Ciencias Naturais dende a área de Educación Física. 

Adicamos sempre 10 minutos da clase de educación física para poñer en practica os coñecementos sobre aseo persoal adquiridos na área de Ciencias Naturais.

Isto foi o que nos contaron os alumnos/as de 5º e 6º:

"Cando facemos educación física saímos 10 minutos antes para facer o aseo e traballar hábitos saudables. O aseo consiste en coller o noso neceser e quitarnos as camisetas no baño. Logo lavamos con auga e xabón os sobacos, as mans e a cara. Despois secámosnos cunha toalla pequena.  Cando rematamos cambiamos a camiseta suada por unha nova. 

Por último, recollemos todo e falamos cos nosos compañeiros e compañeiras sobre o que nos pareceu a clase."

Ainhoa, Aitana, Emilia, Luisma e Dani.

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO