06 Feb
06Feb

Este curso académico 2016/2017 fomos seleccionados como centro educativo para o desenvolvemento do Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Estamos a levar a cabo un PDC (proxecto deportivo de centro) dentro do Plan Proxecta, concretamente na modalidade optativa Máis e Mellor Actividade Física (MMAF) que consite en traballar de forma  compartida coas materias de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, impartindo contidos curriculares comúns a través da actividade física.

Se queredes saber máis sobre o Plan Proxecta facede click aquí.

Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO