21 Sep
21Sep

Hoxe, aproveitando a visita de dúas profesionais da saúde, estivemos traballando contidos propios das áreas de Ciencias Naturais e Educación Física, concretamente a saúde e os primeiros auxilios.

Isto foi o que nos contaron tres das nosas alumnas:

Viñeron a explicarnos unha enfermeira e unha médica o R.C.P. Para demostralo trouxeron un boneco.

Primeiro hai que comprobar se está consciente ou inconsciente,  para descubrilo hai que gritarlle. Se non responde as nosas palabras, darlle coa man forte mentres lle suxeitas a cabeza á espera de que responda.

Se segue sen responder é que está inconsciente, entón hai que chamar ao 112 ou 061 e dicir o lugar exacto e o problema que temos.  

A continuación hai que poñer a nosa orella na súa boca mentres lle miras o peito, se notas calor na orella e ves o peito moverse e que si respira. Nese caso hai que poñer a perna contraria flexionada, o brazo contrario de almofada e a outra perna a 90 graos,  despois xiralo cara a  ti.                                                                            

Se non respira hai que facerlle o masaxe cardíaco, 30 compresións. Se aínda non chegou a ambulancia, hai que facer outras 30 compresións.

ALDARA , NOA e DANA (3º e 4º de primaria)



Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO