25 May
25May

En relación co estudio da historia nas unidades 6, 7 e 8 de Ciencias Sociais entendemos que os xogos populares forman parte da nosa historia e da nosa cultura, sendo un elemento moi importante do patrimonio.

É por todo isto que durante o derradeiro trimestre de curso adicamos algúns minutos da clase de ciencias sociais para ir elaborando un ficheiro de xogos populares que nos ensinaron familiares e avós.

Nel fomos recopilando xogos populares coas súas características, números de xogadores, material, espacio de xogo, lugares e momentos cando se practicaban...

O resultado final foi o seguinte:

Por último, e nas clases de educación física xunto co mestre, puxemos en práctica algúns deles tentando que non se esquezan co paso do tempo. Velaquí algún exemplo do ben que o pasamos!




Comentarios
* No se publicará la dirección de correo electrónico en el sitio web.
ESTE SITIO FUE CONSTRUIDO USANDO